Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Persoas inmigrantes

Retorno voluntario

Prestamos apoio ás persoas que, conseguido ou non o obxectivo do seu proxecto migratorio, queren voltar aos seus paises de orixe e carecen de medios.

Axuda á integración social

Desenvolvemos actividades dirixidas a favorecer a integración na nosa sociedade das persoas inmigrantes: clases de idiomas, actividades educativas e culturais, entrenamento en habilidades sociais, formación ocupacional, ocupación do lecer e tempo libre, axuda na busca de vivenda...

Intervención psicolóxica

Proporcionamos atención ás persoas inmigrantes afectadas por problemas que impiden a súa adaptación e integración social.

Sensibilización

Dende Cruz Vermella tratamos de promover, entre o conxunto da cidadanía, unha maior conciencia social sobre a necesidade de que a igualdade de dereitos e de oportunidades e a loita contra a discriminación sexan unha realidade na nosa sociedade.

Reagrupación familiar

Facilitamos cando é posible a reunificación cos seus familiares en primeiro grao das persoas refuxiadas, desprazadas e inmigrantes asentadas en España.