Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Persoas drogodependentes

Centros Ambulatorios

Equipos multidisciplinares atenden a persoas con problemas de consumo e os seus familiares a través de proxectos dirixidos a conseguir a abstinencia, a substitución destes consumos por consumos dun risco menor, atención a familias, educación para a saúde, programas paliativos...

Atención a drogodependentes no cárcere

Os equipos de Cruz Vermella desplazanse aos centros penitenciarios para ofrecerlles ás persoas na cadea unha posibilidade terapéutica e unha resposta asistencial que permita o inicio ou a continuidade do seu tratamento.

Centros de actividades para a socialización

Estes centros ofrecen, durante o día, un lugar no que os usuarios poden realizar unha serie de actividades físicas, intelectuais e de resocialización que os axude a consolidar o seu proceso de tratamento.

Programas de reducción de danos

Estas iniciativas inclúen: a atención a mulleres drogodependentes xestantes, programas de distribución e intercambio de xeringas, atención a mulleres que exercen a prostitución e son usuarias de drogas, distribución de preservativos, obradoiros de educación sanitaria, programas de tuberculose, etc.

Atención a persoas con problemas de alcoholismo

Está dirixido ao logro da abstiencia en personas con alto grado de dependencia do alcohol. Lévano a cabo equipos multidisciplinares que evalúan cada caso de forma individual e propoñen o tratamento que consideran o máis axeitado para as circunstancias persoais do usuario.

Tanto o tratamento coma o seguimiento individualizado realízanse en réxime ambulatorio. 

Atención a familias

Con este proxecto tratamos de dar resposta á solicitude de apoio psicolóxico e social dos familiares de persoas que padecen drogodependencias. Adquírense habilidades para controlar os seus niveles de ansiedade e os instrumentos necesarios para afrontar a súa situación.