Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Persoas desempregadas

Moito máis que un traballo

Cruz Vermella traballa pola mellora das condicións de vida das persoas máis vulnerables, unha mellora que non é posible sen o acceso ao emprego estable. É precisamante neste momentos de crise socioeconómica, cando se fai especialmente necesario traballar con aqueles que o teñen máis difícil: mozos e mozas, persoas maiores de 45 anos, mulleres afastadas do mercado laboral, desempregados de longa duración, persoas inmigrantes...

Os dous grandes obxectivos que temos son:

  • Mellorar a empregabilidade das persoas en situación de desvantaxe, ampliando as súas habilidades e capacidades para situalas en mellores condicións respecto ao emprego.
  • Loitar contra as barreiras sociais que existen ante ese acceso das persoas en dificultade social ao mercado de traballo e que habitualmente se manifestan en forma de estereotipos, prexuízos, minusvaloración social, prácticas discriminatorias...

Traballando coas persoas

Cando unha persoa chega aos nosos Servicios de Emprego, acompañámola na busca del de xeito persoalizado para axudarlle a definir as súas fortalezas, coñecer as súas necesidades formativas, como afrontar un proceso de selección, etc. Toda esta información vai permitir que cada persoa afronte da maneira máis axeitada a incorporación ao mercado laboral. Os profesionais de Cruz Vermella acompañan neste camiño ofrecendo:

  • Orientación laboral.
  • Formación e cualificación profesional.
  • Intermediación, para facilitar a conexión entre as persoas que buscan emprego e as empresan que precisan traballadores e traballadoras.

 

Do mesmo xeito tamén é necesario intensificar as campañas de comunicación e sensibilización para transmitir o noso compromiso coa igualdade de oportunidades e de trato no emprego. 

Os nosos recursos

A aportación do Fondo Social Europeo, a través do seu Programa Operativo Plurirrexional Loita contra a Discriminación, permitiu a posta en marcha, no ano 2000, do Plan de Emprego de Cruz Vermella.

Desde entón mantense coma principal fonte de financiamento, aportando a estabilidade necesaria cando traballamos con iniciativas que ofrecen resultados a medio e longo prazo.

Aínda así, todo o desenvolvemento da nosa actividade e os resultados obtidos non serían posibles sen a aportación de fondos por parte dun amplo número de entidades públicas e tamén privadas.