Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Persoas con discapacidade

«As barreiras non existen, créanse».

Integración comunitaria e promoción da vida autónoma

Conxunto de proxectos dirixidos a aumentar a autonomía individual e a integración de persoas con discapacidade e mobilidade reducida. 

Accesibilidade e transporte

Facilitamos ás persoas con discapacidade o desenvolvemento das súas actividades: acudir ao traballo, ao centro de estudo ou rehabilitación, saír cos seus amigos, asistir a actos culturais, facer unha xestión, etc. É especialmente importante a nosa acción en colaboración coa Consellería de Educación, que posibilita o transporte escolar durante todo o curso académico, en toda Galicia, a moitos rapaces e rapazas.

Atención en praias

As persoas con mobilidade reducida poden acceder á praia e disfrutar do mar coas chamadas "cadeiras anfibias", que son uns asentos con flotación que posibilitan o desfrute de momentos agradables na auga. O proxecto conta co apoio de persoal voluntario.

Productos de apoio

Son un conxunto de elementos deseñados especialmente para previr, compensar, mitigar ou neutralizar deficiencias ou limitacións sensoriales, motoras, congnitivas, etc. Ao tempo, dispoñemos dun servizo de préstamo que facilita muletas, cadeiras de rodas, camas especiais, axudas para a alimentación, o coidado e aseo persoal, etc.

Residencias e centros de día

Cunha oferta especializada na atención terapéutica e asistencial, estes centros traballan pola mellora na autonomía e independencia das persoas con discapacidade e proporcionan un tempo de respiro ás suas familias e coidadores habituais. En Galicia contamos cun centro punteiro para persoas con parálise cerebral e dano cerebral en Castro Riberas de Lea (Lugo).