Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Persoas afectadas pola pobreza

Os efectos da actual crise teñen levado a unha parte importante da nosa sociedade a vivir con graves dificultades. As persoas que xa anteriormente se encontraban nunha situación de vulnerabilidade veron agravada a sua precariedade e, ao mesmo tempo, moitas outras que nunca pensaran atoparse con falta de recursos, teñen que acudir a institucións como Cruz Vermella.

A crisis alóngase e desgasta as redes de solidariedade familiar. As demandas da sociedade son cada vez máis urxentes.

E cada vez máis, aparece a pobreza invisible: familias que viven cos avós, persoas que non acuden aos servizos sociais por temor a poder perder a tutela dos seus fillos por non ter medios de vida.

Para aliviar esta situación, estas on algunhas das iniciativas que estamos a desenvolver:

Reparto de alimentos

Unha das medidas básicas para evitar a malnutrición e a exclusión social, especialmente en familias en situación de extrema vulnerabilidade. Esta medida enmárcase nun programa nacional  que distribúe alimentos ás persoas máis desfavorecidas cofinanciado polo Fondo de axuda Europea para os Máis Desfavorecidos (FEAD) 2014-2020 nun 85% e nun 15% polo presupuesto da Administración Xeral do Estado.

Os obxectivos deste programa son promover a cohesión social, reforzar a inclusión social e, polo tanto, contribuir a acadar o obxectivo de erradicar a pobreza na Unión que persigue lograr o obxectivo de reducir en menos de 20 millóns o número de persoas en risco de pobreza e exclusión social de conformidade coa Estratexia Europea 2020.

Kits de apoio infantil: hixiene e alimentación

Bebés de familias con necesidade reciben os nosos kits de hixiene e alimentación: cueiros, xabón, leite maternal, papillas...

Kits de apoio a familias: hixiene fogar, hixiene persoal e material escolar

Como o empobrecemento das familias é cada vez maior, nos casos máis graves (desemprego de longa duración, familias con todos os membros no paro, etc.) ademais de alimentos distribuimos artigos básicos como resposta de emerxencia.

Cobertura económica de necesidades básicas

Contribuimos ao pago puntual de subministros, do aluguer ou de aspectos relacionados coa educación (material escolar, etc...) naquelas situacións que poden rematar en pobreza, acumulación de débedas ou exclusión.

Unidades móviles de emerxencia social e atención a persoas sen fogar

As persoas sen fogar poden tomar algo quente, contar con roupa de abrigo, recibir atención sanitaria e apoio polo equipo de Cruz Vermella que percorre as cidades nas nosas unidades móbiles. Ademáis contribuimos a mellorar o segumento dos tratamentos médicos e acompañámolos no seu camiño á inclusión social. Podes ter mais información do noso traballo coas persoas sen fogar aquí.