Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Mulleres

«No público e no privado, as mulleres siguen a sufrir situacións de desigualdade e infravaloración».

Apoio a mulleres en situación de vulnerabilidade

O proxecto inclúe a identificación de situacións de risco ou de maltrato, a prevención e a sensibilización. Á súa vez, dispoñemos de proxectos de información e asesoramento xurídico para mulleres que aínda conviven co seu agresor. Inclúe o seguemento individualizado a usuarias e ex usuarias da Teleasistencia Móbil para vítimas da violencia de xénero.

Teleasistencia móbil para mulleres vítimas de violencia de xénero

Mediante un teléfono móbil con dispositivo GPS, Cruz Vermella ofrece dende o seu centro de atención unha axuda preventiva e inmediata as 24 horas do día e os 365 días do ano ás mulleres que son vítimas da violencia de xénero onde quera que se atopen. O proxecto complétase con actuacións preventivas, contactos periódicos, seguementos e apoio psicolóxico.

Atención social integral a mulleres en situación de explotación sexual

Prestamos atención social integral a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual ou laboral.

O proxecto desenvólvese na cidade de Lugo dende o ano 2008, co obxectivo de diminuír a vulnerabilidade das mulleres que se atopen nesa situación, facilitando un entorno de seguridade que lles permita normalizar a súa vida mediante o desenvolvemento dun proceso de acompañamento na procura da súa recuperación persoal.

Este proxecto está subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo 2014-2020.