Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Medio ambiente

«Estímase que, no ano 2050, haberá 150.000 millóns de persoas desprazadas do seu lugar de orixe, debido á perda de recursos naturais que aseguren a súa supervivencia.»

As condicións ambientais inciden de xeito especial na saúde física e mental das persoas, polo que un medio ambiente san que procure unha vida saudable e produtiva debe ser considerada coma unha das condicións que facilitan a vida humana e, polo tanto, como unha necesidade básica para o desenvolvemento personal e colectivo.

Cruz Vermella e o medio ambiente

Mediante accións de información, sensibilización e mellora ambiental fomentamos a defensa do Medio Ambiente.

Englobamos os nosos proxectos dentro de tres grandes liñas de actuación:

  • Calidade ambiental.
  • Educación e sensibilización ambiental.
  • Protección e mellora do entorno.

Todos e todas somos responsables do estado do medio ambiente. Se traballamos a favor da súa conservación, conseguiremos entornos saudables, non degradados, que faciliten a vida daquelas persoas que máis dependen do medio para a súa supervivencia.

As nosas accións medioambientais permiten a todas as personas participar na defensa do medio ambiente a través do voluntariado e a participación social.

Lembra que, hoxe máis que nunca, cada xesto conta para acadar a eficiencia medioambiental do noso entorno.