Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Formación

Dende hai mais de 50 anos, a formación forma parte do noso compromiso coa cidadanía.

A formación que desenvolve Cruz Vermella divídese en catro grandes áreas: 

Formación para a intervención

Eixo principal do Plan de Formación de Cruz Vermella e tenta capacitar aos voluntarios e ao personal para o desenvolvemnto dos proxectos que facemos. Propomos un procedemento de formación con itinerarios diferentes segundo os postos de acción, optimizando as accións formativas con sistemas modulares e personalizables.

Formación para a inclusión

Este tipo de formación tenta favorecer a inclusión social, a participación e mellorar a empleabilidade das persoas en situación de vulnerabilidade, contribuíndo a acadar as competencias personais e profesionais ás necesidades do mercado de traballo. Todo isto, a través de diversas accións formativas, que van dende accións vencelladas á educación non formal dirixida a infancia e xuventude ata a formación para o emprego. 

Formación para a poboación en xeral

Accións formativas dirixidas a persoas particulares que queren adquirir coñecementos para incrementar as súas capacidades e competencias mediante a realización de cursos naquelas áreas de intervención de Cruz Vermella como son os cursos no eido de Socorros e Prevención (Primeiros Auxilios, DESA, PPAA Pediátricos, etc.), do sociosanitario (Atención sociosanitaria de persoas dependentes, Movilización de Pacientes, Coidados de enfermos con alzheimer, etc.) ou do socioeducativo (Monitor de Tempo libre, Monitor de comedor escolar, etc.).

Formación para as empresas e institucións

En Cruz Vermella, as empresas e institucións poden atopar solvencia e calidade de servicio. Podes formar aos teus traballadores en Cruz Vermella coa garantía de estar nunha entidade que é líder en formación en toda España. Deseñamos unha formación á carta, flexible e axeitada ás necesidades da túa empresa. Bonifica a túa formación e lembra que, contratando a túa formación con nós, estás axudando ao financiamento de proxectos e programas da túa comunidade.