Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Emerxencias

No 2010 desde o Centro de Coordinación de Galicia da Oficina Autonómica deuse cobertura aos programas de Teleasistencia (6.782 usuarios), ao SIMAP (200 familias atendidas) e ao TAM+65 (40 usuarios), proxecto piloto empezou a funcionar este ano.

O Centro de Coordinación 

O Centro de Coordinación de Galicia é un dos centros autonómicos que contan co Centro de Contacto de atención telefónica. Este é un número nacional dende o que se atenden diferentes campañas e desde o que se dá atención ao voluntariado, aos socios ou a calquer usuario ou persoa que requira calquer tipo de información. Tamén podes formarte nesta área nalgúns dos nosos centros de formación.

Desde a rede central coordínase tanto a rede de emerxencias provincial como a autonómica e mobilízanse recursos marítimos e terrestres, estando en todo momento coordinados tanto co 112 coma co 061 e Salvamento Marítimo.