Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Cooperación internacional

A Misión da cooperación internacional de Cruz Vermella Española é «traballar coas personas vulnerables». Para nós, a cooperación Internacional é a proxección do noso compromiso no mundo coas persoas máis necesitadas de axuda e un compoñente fundamental de súa acción en favor da paz.

Obxectivos da cooperación internacional

  1. Contribuir a mellorar, da forma máis estable de duradeira, a vida das persoas e comunidades en situación de vulnerabilidade.
  2. Propiciar os valores humanitarios e mellorar o respecto pola dignidade do ser humano.
  3. Fortalecer as sociedades nacionais da Cruz Vermella e a Media Lúa Vermella para que sexan quen de cumplir mellor o seu mandato humanitario.
  4. Incrementar a conciencia solidaria da sociedade galega e española.

A cooperación dende Galicia

As asembleas que forman a Cruz Vermella de Galicia teñen como misión colaborar cos obxectivos de Cruz Vermella Española, salientablemente os seguintes:

  • Colaborar na captación de recursos para o sostemento dos proxectos de cooperación de Cruz Vermella Española no mundo.
  • Divulgar entre a poboación galega os valores da solidariedade e a importancia da cooperación internacional como ferramenta de axuda.
  • Realizar actividades de educación ao desenvolvemento.

Últimos proxectos financiados

Adicamos o 1% do noso orzamento anual para o financiamento de proxectos de cooperación internacional. 

Por que África? Porque 40 dos 50 paises co indice de desenvolvemento mais baixo do mundo son africanos; porque a pesares das enormes riquezas do continente, 460 millóns de persoas teñen dificultades para alimentarse e 300 millóns non teñen acceso o auga pobable e porque mais de 200.000 nenos e nenas son utilizados como soldados, escravos domésticos ou adicados á prostitución.

Dos dous derradeiros anos adicamos a maior parte dos nosos fondos a África: En Liberia traballamos con mulleres afectadas polo conflicto bélico,en  Guiné Bissau mellorouse o acceso ó auga potable e o saneamento básico e hixiene de nenos e profesores en escolas. Investimos máis de 124.000 Euros en Mozambique. No 2014 estamos a financiar melloras na habitabilidade en varias localidades da provincia mozambicana de Gaza (80.000 €) e apoiando a mellora das condicións de hixiene en varios mercados de Maputo (16.114 €)

Asemade,en 2013-14  adicamos 73.121 euros a financiar outros proxectos da Federación Internacional da Cruz Vermella e o Crecente Vermello. E doutra banda, colaboramos na educación e sensibilización da poboación que vive en España mediante campañas e actividades sobre cooperación o desenvolvemento, dereitos humanos e dereito internacional humanitario ó que se adicaron 29.247 €.