Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Acción social

O noso traballo é contribuir á inclusión social das persoas mais desfavorecidas, traballando dende moitos enfoques o fenómeno da exclusión social, sexa cal sexa a causa ou causas que a produzan.

Onde faga falla

A nosa forza é a nosa rede territorial e os nosos equipos. Con eles, e abranguindo a meirande parte de Galicia, tratamos de mellorar a calidade de vida, a autonomia e a integración social das persoas máis vulnerables e que máis precisan da nosa axuda.

Traballamos con proxectos específicos para a infancia, personas maiores, mulleres en dificultade social, persoas inmigrantes, persoas sen fogar, con discapacidade, con problemas de drogodependencia, poboación no cárcere, así coma outros destinados e diferentes colectivos con necesidades específicas. 

Tratamos de axudar nas necesidades que, en cada territorio, non cubren outros recursos públicos ou privados, e por iso ás veces a nosa actividade cambia en función das situacións que temos detectado en cada lugar.

Cada vez máis preto das persoas

Neste espazo poderás ter máis información dalgunhas das nosas actividades. Poderás atopar que temos centros especializados, coma a nosa rede de centros de día; pero tamén que facemos outras actividades desenvolvidas polo noso voluntariado en diferentes localidades galegas.

Para nós, todas son importantes. Porque para nós o importante son as persoas.