“Andrés está con nós desde moi pequeno e para os meus fillos é como un irmán máis. Durante un tempo arrastrou traumas, tiña pesadelos ou pasaba horas sen mirar a nada… Hai que ter o dobre de paciencia, pero todo o traballo, as preocupacións e, ás veces, o desánimo, acábanse convertindo nunha recompensa ao velo sorrir, xogar, cantar, reír e mesmo discutir. En definitiva, está moi feliz e para nós é unha satisfacción comprobar o que imos conseguindo pouco a pouco”