“O acollemento está aportando satisfacción a toda a familia. Tratábase dun neno que estaba enfermo, ao que tivemos que coidar e levar ao médico, e que agora xa está en perfecto estado de saúde. Mantemos relación coa súa familia porque o neno síntese máis cómodo. Sabe que estamos nós pero, ao tempo, dalle satisfacción estar con eles e ponse moi contento. Nós desexámoslle o mellor, que esté ben e que sempre se lembre de nós. Se mañá o tivésemos que volver a facer, non o dubidaríamos”.